Pontevedra aproba un acordo de repulsa contra o ataque perpetrado polo Estado de Israel contra a flotilla de Gaza

Pontevedra aproba un acordo de repulsa contra o ataque perpetrado polo Estado de Israel contra a flotilla de Gaza

Pontevedra, 2 de outubro de 2025. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, deu conta este xoves da aprobacion en Xunta de Goberno Local dun acordo formal para expresar a súa «repulsa» polo ataque perpretrado polo Estado de Israel contra a flotilla solidaria que se dirixía a Gaza.

O goberno municipal cualifica a acción como unha "retención ilegal de activistas", entre os que se atopa a galega Sandra Garrido, e considera que supón unha "vulneración grave do dereito internacional" que evidencia a intención de impedir a entrada de axuda humanitaria en Palestina.

No texto aprobado, o Concello de Pontevedra esixe:

  • A liberación inmediata de todas as persoas detidas ilegalmente.
  • O fin do bloqueo sobre Gaza e a protección da misión solidaria.
  • O remate do "xenocidio que está a executar sobre o pobo palestino".

Esta decisión, segundo indicou o alcalde, enmárcase no posicionamento xeral do Concello fronte a unha situación que cualifica de "absolutamente lamentable e condenable".

Pontevedra aproba un acordo de repulsa contra o ataque perpetrado polo Estado de Israel contra a flotilla de Gaza