Pontevedra adxudica o novo contrato de subministro eléctrico por 6,4 millóns

Nova iluminacion na Praza da Peregrina
Nova iluminacion na Praza da Peregrina
Pontevedra adxudica o novo contrato de subministro eléctrico por 6,4 millóns

Pontevedra, 21 de maio de 2026. A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a adxudicación do contrato de subministro de enerxía eléctrica do Concello de Pontevedra a Gas Natural Comercializadora por un orzamento total de 6.444.975,64 euros reducindo substancialmente a comisión de xestión pasando de 8 euros/MW/h a 1,60 euros.

Para calcular o orzamento, o Concello fixo unha estimación baseada nos rexistros históricos de consumo. O gasto proxectado para un exercicio anual completo (calculado sobre o período de decembro de 2026 a novembro de 2027) ascende a 3.222.487,82 euros, distribuído entre os seguintes establecementos e agrupacións de subministración:

  • Alumeado público: 2.159.066,84 euros.
  • Dependencias municipais e instalacións deportivas: 644.497,56 euros.
  • Escolas: 193.349,27 euros.
  • Pazo de Congresos: 193.349,27 euros.
  • Garderías: 32.224,88 euros.

Pirotecnia das festas de verán

Finalmente, a Xunta de Goberno tamén deu luz verde á licitación do contrato do servizo de pirotecnia para as festas do verán de 2026, por un importe total de 104.181 euros.

Este contrato sae a concurso dividido en tres lotes diferenciados:

  • Fogos de ruído por 8.591 euros.
  • Festas do Santiaguiño do Burgo e a primeira tirada da Peregrina por 47.795 euros.
  • Festividades de San Roque e o fin de festa da Peregrina por 47.795 euros.
Pontevedra adxudica o novo contrato de subministro eléctrico por 6,4 millóns