29-31 DE XULLO PONTILLÓN DO CASTRO. VERDUCIDO
Pontevedra acollerá o Campionato Estatal de Xoves Promesas Cadete e Infantil de Piragüísmo
Pontevedra, 18 de xullo de 2024. A edil de Deportes, Anabel Gulías, participou na presentación da Campionato Estatal de Xoves Promesas Cadete e Infantil de Piragüismo que se desenvolverá na contorna do Pontillón do Castro entre o 29 e o 31 de xullo, na parroquia de Verducido.
O complexo deportivo David Cal volverá acoller unha competición de alto nivel, tengo como protagonistas, nesta ocasión, a todos aqueles deportistas que ben poderían ser no futuro os olímpicos que compitan polo máximo recoñecemento mundial.
Gulías lembrou que o piragüismo segue “a romper todos os records posíbeis dentro do país” e cunha curva ascendente en participantes. “O deporte é saúde e o deporte é economía. Estes campionatos colocan a Pontevedra no mapa e xeran unha actividade económica realmente importante, xa que a maioría dos participantes pernoctan e gozan da cidade”.
O torneo contará con 1.055 de participantes chegados desde distintos puntos do Estado e de Galiza, territorio que segue avanzando á hora de ser unha canteira referente internacional neste ámbito.