Pontevedra acolle en decembro unha ampla programación cinematográfica previa aos Feroz

Pontevedra acolle en decembro unha ampla programación cinematográfica previa aos Feroz

Pontevedra, 9 de decembro de 2024. En decembro continúa a ampla e variada programación complementaria e previa á entrega dos Premio Feroz en Pontevedra o vindeiro 25 de xaneiro. Así teremos:

Luns 16 no Teatro Principal, ás 19:00, charla con Javier Macipe (director) e Álvaro Medina (director de fotografía) de ‘La estrella azul’ tras ver a película. Ese mesmo día ás 16:00 na Facultade de Comunicación de Pontevedra, Medina impartirá unha clase maxistral sobre dirección de fotografía e sobre o seu traballo nesta película.

Martes 17 no Auditorio de Pontevedra, ás 19:00, Rodrigo Cortés e o seu inclasificable ‘Escape’ (presentación + proxección + coloquio).

Mércores 18 tamén no Auditorio, ás 19:00, a actriz María Rodríguez Soto, o guionista Eduard Sola e a produtora Ana Eiras quen nos falará da súa ‘Casa en flames’ (presentación + proxección + coloquio).

Xoves 19 no Teatro Principal, ás 19:00, coloquio cos creadores de ‘Nos vemos en otra vida’, os irmáns Jorge e Alberto Sánchez-Cabezudo xunto á actriz Tamara Casellas, tras a proxección dos dous primeiros episodios da serie.

Sábado 21 no Teatro Principal, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 17:30, proxectaranse os cinco primeiros capítulos de ‘Los años nuevos’ e xusto despois terá lugar unha charla co seu director, Rodrigo Sorogoyen.

Os días 26, 27 e 28 no Teatro Principal, ás 19:00, celebrarase o ciclo especial dedicado a Jaime Chávarri, Premio Feroz Audi de Honra 2025 con ‘Las cosas del querer’, ‘Las bicicletas son para el verano’ e ‘El desencanto’

As entradas son de balde, previa retirada dos convites na oficina de Turismo da Praza do Concello, desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Máximo 4 localidades por persoa. 

Toda a información dos Feroz, aquí

 

Pontevedra acolle en decembro unha ampla programación cinematográfica previa aos Feroz