O Pleno de Barro dá luz verde ao convenio con Augas de Galicia para a construción da nova EDAR do Carballal por un importe de 3.600.000 euros

Abraldes
Abraldes
O Pleno de Barro dá luz verde ao convenio con Augas de Galicia para a construción da nova EDAR do Carballal por un importe de 3.600.000 euros

Barro, 17 de febreiro de 2025. O Concello de Barro aprobou nun Pleno extraordinario o convenio con Augas de Galiza para a construción da nova depuradora central do Carballal. A construción da nova depuradora terá un custo total de 3.672.000 euros, dos cales Augas de Galicia financiará, con cargos a Fondos Europeos, o 80% to total, mentres que o concello terá que asumir o 20% restante con cargo a fondos propios, unha contía total de 734.000 euros.

No Pleno tamén se aprobou unha modificación de crédito de 734.000 para dedicar parte do remanente municipal á construción do proxecto da nova depuradora central. O feito de que o concello levase anos reservando este diñeiro e sendo prudente no gasto, permitiu que neste momento o concello puidera contar con aforros suficientes para facerlle fronte a un investimento desta magnitude.

Se o concello non contase con aforros suficientes e tivese que neste momento recorrer a un préstamos, ademais de endebedarse, demoraría moitos meses e correría o risco de perder este investimento e, pola contra, ao poder contar de forma inmediata cos recursos para facer fronte á súa parte, en menos de dez días puido preparar toda a documentación e entregarlla a Augas de Galiza acurtando ao máximo todos os prazos dos trámites municipais.

O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, fixo unha valoración moi positiva da materialización deste investimento tan transcendental para o futuro de Barro, como é a construción dun equipamento de máis de 3.600.000 euros. Para o alcalde, isto conseguise “grazas a que levamos dez anos dando pasos ata conseguir ter un proxecto maduro que presentar á Consellería” e recoñeceu que “é algo practicamente inédito que un concello do noso tamaño puidera afrontar en primeira persoa a elaboración e aposta por un proxecto desta envergadura”.

O Pleno de Barro dá luz verde ao convenio con Augas de Galicia para a construción da nova EDAR do Carballal por un importe de 3.600.000 euros