Pazo da Cultura, Teatro Principal e Recinto Feiral acollerán entre marzo e maio unha variada programación musical

Demetrio Gómez
Demetrio Gómez
Pazo da Cultura, Teatro Principal e Recinto Feiral acollerán entre marzo e maio unha variada programación musical

Pontevedra, 19 de febreiro de 2026. Pontevedra, 19 de febreiro de 2026. O edil de Cultura, Denetrio Gómez, presentou a axenda de concertos que terán lugar entre o 14 de marzo e o 30 de maio, “variada, con 9 propostas para públicos moi amplos e que nos vai permitir completar unha programación que abrangue cine, teatro, literatura e incluso outros tipos de música que facemos tanto nós como en colaboración con outras entidades do concello, que permiten que as infraestruturas culturais de Pontevedra estean funcionando a tope durante esta tempada do ano”. 

SÉS - Nadando na Incerteza

14 de marzo ás 20:00 no Auditorio do Pazo da Cultura.

Entradas á venda en Ataquilla.com entre 18 e 24 € + gastos de xestión. 

YERAI CORTÉS - Formato solo

24 de abril ás 21:00 no Auditorio do Pazo da Cultura 

Entradas á venda en Ataquilla.com entre 21 e 33€ + gastos de xestión. 

NANDO AGÜEROS – Canciones desnudas 

25 abril ás 21.00h no Auditorio do Pazo da Cultura 

Entradas á venda en Ataquilla.com entre 25 e 27€+ gastos de xestión. 

AIDA E RAÜL REFREE – Gala i Ovidio

25 de abril ás 21.00h no Teatro Principal 

Entradas á venda en Ataquilla o mércores 25 de febreiro. 

FILLAS DE CASANDRA Tertulia

9 de maio ás 22.00h no Recinto Feiral 

Entradas á venda en Woutick entre 22 e 25€+ gastos de xestión 

KARMENTO  Xira despedida de ‘La Serrana’

15 de maio ás 21:00 no Teatro Principal

Entradas á venda en Ataquilla.com entre 16 e 18€ 

REVOLVER – ‘LA 03010 Tour’

16 de maio ás 21.00h no Auditorio do Pazo da Cultura. 

Entradas á venda en Ataquilla.com entre 26 e 40€+ gastos de xestión. 

BENQUERER – Fran Sieira Báilalle a Caamaño&Ameixeiras 

22 de maio ás 21.00h no Teatro Principal 

Entradas á venda en Ataquilla o mércores 25 de febreiro. 

CARLA LOURDES + JAVIER LAGO

30 de maio ás 21.00h no Teatro Principal

Próxima venda en Ataquilla.com a un prezo de 12€ + gastos anticipada e 15€ na billeteira o propio día do concerto 

Pazo da Cultura, Teatro Principal e Recinto Feiral acollerán entre marzo e maio unha variada programación musical