O pavillón municipal mellora a súa imaxe

Pavillón municipal
Pavillón municipal
O pavillón municipal mellora a súa imaxe

A concelleira de Deportes, Anabel Gulías, explica que o Concello tiña desde hai algún tempo "unha débeda pendente coa cidade e cun dos seus equipamentos deportivos máis importantes". O Pavillón Municipal de Deportes érguese como un elemento singular dentro da Boa Vila, cunha carga arquitectónica realmente importante, polo que a limpeza e posterior pintado da súa fachada resulta nun cambio notorio en toda a contorna.

Estes traballos, ademais de mellorar a estética, tamén corrixen unha gralla ortográfica que foi visible durante anos e que quedará solucionada unha vez se volva escribir o nome da instalación.

Así, e tal e como explica a edil, o seguinte paso é realizar a instalación das novas letras, coa tipografía propia do Concello de Pontevedra.

Cómpre lembrar que desde principio de mandato, o Concello vén traballando dun xeito especial no mantemento dos espazos públicos, facendo fincapé na orde emitida desde Alcaldía de deixar a cidade en perfecto estado de revista. O Pavillón Municipal dos Deportes recibe milleiros de visitas todos os meses, tanto de veciños e veciñas como de deportistas chegados de todos os puntos do Estado e mesmo do mundo.

O pavillón municipal mellora a súa imaxe