Soutomaior clausura as súas escolas deportivas municipais
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e a concelleira de Asociacións, Charo Bouzón, asistiron á clausura das Escolas Deportivas Municipais, que dende o mes de outubro a maio oferta o concello de Soutomaior. Unha cita que non se perdeu e da que tamén formou parte Raquel Villaverde, coordinadora deportiva en Soutomaior.
Neste curso foron máis 400 as persoas que participaron nun total de 14 actividades entre as que se atopaban moitas disciplinas. Para as e os máis pequenos da casa, as escolas deportivas infantís, ás que asistiron arredor de 300 nenas e nenos, tiveron a opción de asistir a fútbol sala, baloncesto, pádel infantil, tenis infantil, xinmasia acrobática, ximnasia rítmica, xogos motores, iniciación ao deporte, multideporte e patinaxe deportivo infantil. As escolas deportivas para persoas adultas, conformadas case 100 persoas, tiveron pola súa banda para asistir entre actividade física para adultos, tenis adulto e pádel adulto.
Foi unha mañá de nerviosismo e moita alegría, onde neste caso as escolas deportivas infantís, ofreceron una pequena exhibición do seu coñecemento do deporte que practicaron ao longo de todo este curso escolar. Cada un na súa modalidade amosou a súa destreza na disciplina practicada neste 8 meses.
Na clausura, que tivo unha duración de unha hora, Manu Lourenzo e Charo Bouzón fixeron entrega a cada unha e un dos participantes dunha medalla polo esforzo e adicación amosado ao longo deste curso.
Manu Lourenzo deu as grazas ás familias e as pequenas e pequenos por formar parte un ano máis das Escolas Deportivas e lembrou o importante que é o deporte no día a día “o deporte é constancia, esforzo e, en definitiva, o futuro de Soutomaior que temos y debemos levar adiante con estrutura e ilusión por elas e eles vale a pena todo o esforzo, que vivan as escolas deportivas de Soutomaior, e que viva o deporte”.
Unhas Escolas Deportivas Municipais que descansarán neste verán e que volverán pisando forte no mes de outubro con toda a oferta de cara ao vindeiro curso. Pero dende o concello xa anuncian que o deporte seguirá moi presente nos vindeiros meses de verán con actividades que se presentarán nos vindeiros días.