O parque forestal da Fracha, escollido como boa práctica na clausura dos fondos europeos da EDUSI
O parque forestal da Fracha converteuse nun exemplo de actuación dentro do acto de peche da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) que celebrou cen Albacete a Rede de Iniciativas Urbanas (RIU) dependente do Goberno do Estado e que se encarga da coordinación en materia de desenvolvemento urbano e fondos comunitarios. Esta xornada foi o remate da Estratexia DUSI Máis modelo, Pontevedra que se vén desenvolvendo nos últimos oito anos.
A concelleira responsable do Monte, María Xosé Abilleira expuso o proxecto de creación e mantemento do parque forestal da Fracha, que foi escollido pola RIU como boa práctica de execución e comunicación de entre todos os proxectos estatais que se presentaron aos fondos FEDER.
O proxecto comezou a súa andaina coa presentación da proposta a todas as comunidades de montes implicadas (Tomeza, Marcón e Canicouva) en 2017, e foi desenvolvendo a tramitación administrativa até que rematou a súa execución na primavera de 2021. Creouse un espazo natural de 406 hectáreas, retiráronse eucalipto e acacias, plantáronse 15.000 exemplares autóctonas, recuperáronse os bordes dos regueiros con especies de ribeira, consolidouse o terreo con restos de poda para que non se produzan escorrentías, abríronse a acondicionáronse 26,6 km de sendas peonís e ciclistas, e puxéronse en valor catro miradoiros: dous na zona de Outeiro Navío en Marcón, o da Regha Pereira en Tomeza e o do Couto das Forcadas na Canicouva.
O custe de creación do parque da Fracha foi de máis de 450.000 euros.
O encontro de Albacete servíu como acto de lanzamento da nova estratexia dos fondos FEDER (2021-2027) denominados EDIL (Estratexias de Desenvolvemento Local Integrado).