Unha nova edición de Domingos do Principal chega con 6 espectáculos de todos os xéneros para público infantil e familiar
As obras de Domingos do Principal terá dous pases diarios, ás 12.00 e ás 18.30.
As entradas, que teñen un prezo único de 4€, e os abonos para os 6 espectáculos, a 18€, xa están á venda en Ataquilla.com. De non esgotarse na venda anticipada, poránse á venda unha hora antes de cada pase na billeteira do Teatro Principal
Programa
Domingo 12 de outubro: COMPAÑA, de Xanpatito Pato (Galiza). Espectáculo recomendado para maiores de 6 anos
Domingo 19 de outubro: MONSTROS, de Producións Excéntricas (Galiza). Premio María Casares 2025 ao mellor espectáculo infantil Teatro de actor.
Recomendado a partir de 8 anos.
Domingo 26 de outubro: VERNE, de Onírica Mecánica (Murcia). Espectáculo recomendado para maiores de 6 anos
Domingo 9 de novembro: MOLTO BARROCO, de Píscore (Galiza). Espectáculo seleccionado para o certame Barroco Infantil do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro 2024. Espectáculo recomendado partir de 5 anos.
Domingo 16 de novembro: ANDALE BON APPETIT, de Teatro dos Ghazafelhos (Galiza). A peza foi finalista como mellor proposta para público familiar nos Premios María Casares 2024. Recomendado partir de 5 anos.
Domingo 23 de novembro: Mr BO, de Marie de Jong (Euskadi). Premio ao mellor espectáculo de La Mostra de Igualada 2024, e finalista Premios Max de teatro 2025. Recomendado partir de 5 anos