Comezan as actividades previas dos #Feroz2026 co ciclo "A comedia segundo os Feroz"

Comezan as actividades previas dos #Feroz2026 co ciclo "A comedia segundo os Feroz"
Pontevedra, 19 de setembro de 2025. Para arrincar a nova edición dos Feroz, o Teatro Principal de Pontevedra acollerá o ciclo de proxeccións titulado ‘A comedia segundo os Feroz’, composto por diferentes cintas gañadoras e nomeadas ao premio Feroz a mellor película de comedia. 

Os filmes,  que se proxectarán ás 18.30 h. no Teatro Principal, son: 

  • ’3 bodas de más’ , de Javier Ruiz Caldera, o sábado, 27 de setembro 
  • ’Carmina y amén’, de Paco León, o domingo, 28 de setembro 
  • ’Seis días corrientes’, Neus Ballú, o sábado 4 de outubro 
  • Competencia oficial’, de Gastón Duprat e Mariano Cohn, o domingo, 5 de outubro

As entradas a todas as sesións son de balde até completar cabida, previa retirada de localidades na oficina de Turismo da Praza do Concello, desde sete días antes de cada actividade, cun máximo 4 entradas por persoa. 

Comezan as actividades previas dos #Feroz2026 co ciclo "A comedia segundo os Feroz"