AS OBRAS DE REHABILITACIÓN DOS EDIFICIOS CENTRAIS LEVAN CASE DOUS ANOS DE RETRASO
O Museo pode perder unha subvención de 3 millóns de euros pola falta de xestión de Rafa Domínguez

Pontevedra, 7 de marzo de 2025. Para o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores existe unha posibilidade alta de que a Deputación non sexa capaz de cumprir os prazos para a rehabilitación dos edificios centrais do Museo e perda os tres millóns de euros que o anterior goberno da Deputación logrou de fondos europeos para a súa rehabilitación.
Lores lembrou que para poder conservar esa axuda o proxecto debería estar executado na súa totalidade a principios de 2027 e, por agora, aínda non se presentou a solicitude de licenza para poder iniciar as obras.
A rehabilitación dos inmobles fundacionais do museo, acumula un retraso de case dous anos, xa que tiñan que estar en obras a finais do 2023, toda vez que o proxecto estaba xa feito polo anterior goberno provincial e contaba cun "informe verbal positivo" por parte de Patrimonio.
Non obstante, as continuas liadas e a falta de xestión do vicepresidente da Deputación e responsábel político do Museo, Rafa Domínguez, levou a unha parálise de perto de dous anos.
Lores espera que Patrimonio da Xunta dea o visto bo ao proxecto que lle acaba de enviar a Deputación para que se poida dar a solicitude de licenza canto antes e comecen, por fin, as obras nos edificios centrais do Museo e non se perdan os tres millóns de euros concedidos polo PIREO.