O Multiusos de Arcade estrea novo sistema de climatización que permitirá o seu uso en calquera época do ano

O Multiusos de Arcade estrea novo sistema de climatización que permitirá o seu uso en calquera época do ano

Soutomaior, 26 de xuño de 2024. O Multiusos de Arcade xa conta cun novo sistema pensado para a calor nos meses do verán. Segundo explican dende o Goberno Local o actual sistema de climatización co que contaba o Multiusos estaba obsoleto, era pouco eficiente e levaba máis de 10 anos sen funcionar de maneira correcta. 

O actual sistema xa instalado nesta dependencia municipal busca optimizar a eficiencia enerxética e reducir o consumo, ademais, o concelleiro de Urbanismo Pablo Garrido, deixou claro que “no caso de ser necesaria, a nova instalación, permitirá incorporar novos aparatos para mellorar o seu rendemento”. 

Pola súa banda o alcalde, Manu Lourenzo, dixo que “o actual sistema de climatización facía imposible realizar actividades no Multiusos nos días de máis calor do ano. Con este sistema xa instalado, permitirá que toda a veciñanza poda desfrutar das actuacións no Multiusos de Arcade en calquera momento do ano e facelo dunha maneira sostible”. 

O Multiusos de Arcade estrea novo sistema de climatización que permitirá o seu uso en calquera época do ano