O PP CONVOCA UN PLENO EXTRAORDINARIO EN DEFENSA DA CONSTITUCIÓN E CONTRA A AMNISTIA

Mosquera sinala o uso perverso da Deputación por parte do PP

Mosquera sinala o uso perverso da Deputación por parte do PP

O BNG non acudirá ao Pleno da Deputación convocado de maneira extraordinaria e urxente para o vindeiro luns (13 horas) cunha única motivación na orde do día: votar a aprobación da ‘Moción do grupo provincial do Partido Popular en defensa da Constitución Española, a igualdade dos españois e o respecto ao estado de dereito e a democracia’, así como a urxencia da convocatoria.

O portavoz do grupo nacionalista, César Mosquera, destaca que o Pleno unicamente responde aos intereses e á campaña do Partido Popular a nivel estatal para deslexitimar, xunto a VOX, o novo goberno do Estado. 

Destaca que con este movemento as e os ‘populares’ queren apropiarse politicamente das institucións nas que gobernan. Insiste o portavoz nacionalista en que o PP fai un “uso perverso” da institución provincial “de maneira descarada” ao convocar por un tema alleo á provincia, sendo tamén “perverso” facelo por urxencia e de maneira extraordinaria. 

César Mosquera: "O BNG non vai participar nos actos do PP"

Lembra o voceiro do BNG que xa existe un Pleno ordinario convocado para o vindeiro venres 24 no que a moción do PP podería ter cabida perfectamente e ser debatida por todos os grupos sen a necesidade de buscar xiros “efectistas e por conveniencia partidista” para dar máis rebumbio á súa campaña particular de descrédito do novo executivo estatal.

Mosquera salienta que a actuación do actual grupo do PP na Deputación “non ten parangón”, polo que o BNG porá de manifesto oficialmente a “máxima e enérxica protesta” pola situación. Confirmou tallante que o BNG non vai seguir o xogo: “O BNG non vai participar nos actos do PP”, subliñou.

Mosquera sinala o uso perverso da Deputación por parte do PP