Medio Rural rectifica e abre un novo periodo de exposición pública na parcelaria de Romai

portas-arturo
portas-arturo

Despois da denuncia efectuada polo BNG, a consellaría de Medio Rural rectifica e abre un novo periodo de exposición pública, mais non engade os planos do proxecto, a pesar de que anuncia que si o fai

Medio Rural rectifica e abre un novo periodo de exposición pública na parcelaria de Romai

O 11 de outubro, o concello de Portas recibiu por parte da Xefatura Territorial do Servizo de Infraestruturas Agrarias comunicación establecendo un novo prazo de exposición do proxecto de rede de camiños da concentración parcelaria da parroquia de Romai, tal como solicitara o BNG-Asembleas Abertas o venres pasado (7 de outubro) tras denunciar graves irregularidades na documentación exposta.

O BNG-Asembleas Abertas felicítase pola rectificación da consellería de Medio Rural e a apertura dun novo período de exposición pública, sen embargo, ten que denunciar que a documentación da ligazón web á que remite o escrito segue sorprendentemente sen incluír os planos do proxecto a pesares de indicarse expresamente “engádense os planos do proxecto ausentes na publicación do 09/09/2016”. (http://mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/anuncios/infraestructuras/Proxecto_cam inos_adaptados_lei_METAGA_Romai.pdf)

Inmediatamente despois da recepción do comunicado da Consellería o alcalde asinou un Bando anunciando este novo período de exposición pública pero con tal desleixo que nin sequera comprobou que os erros que motivaron este novo período de exposición foran arranxados.

O BNG denuncia o desleixo da alcaldía, que asina un Bando, sen comprobar se foran subsanados os erros detectados 

BNG-Asembleas Abertas lamenta que o goberno municipal sega sen preocuparse o máis mínimo dun asunto de tal transcendencia como unha parcelaria. Sen plenos ordinarios dende o 24 de xuño, nin se decataron dos erros na documentación no primeiro período de exposición nin agora. 

Medio Rural rectifica e abre un novo periodo de exposición pública na parcelaria de Romai