O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, visita as mozas e mozos que nestes días participan no campamento de inmersión lingüística en inglés en Manzaneda
Soutomaior, 4 de xullo de 2025. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, visitou ás 50 mozas e mozos que están participando ao longo desta semana no Campamento de inmersión lingüística en inglés que organiza o concello de Soutomaior na estación de montaña de Manzaneda.
O programa Verán Activo de Soutomaior achega actividades para a mocidade entre as que se atopa este campamento. A temática de inmersión en inglés nun contexto de lecer e tempo libre permite á mocidade mellorar as súas competencias lingüísticas en inglés dun xeito lúdico e nunha contorna inigualable con contidos adaptados as súas idades da man de monitorado especializado en inglés, que acompañará ao grupo durante todo o campamento desde a saída e ata a chegada a Soutomaior.
Un campamento onde se crean espazos que favorezan e faciliten a interacción entre as mozas e mozos do municipio, así como o seu desenvolvemento integral como persoas. Traballan sempre dende unha perspectiva lúdica, activa e participativa; pero tendo moi presente a singularidade do complexo da Estación de Montaña Manzaneda como fonte de inspiración para o desenvolvemento do pensamento creativo, artístico e crítico.
O principal obxectivo das actividades que están programadas nesta semana é que a mocidade participante se divirta mentres aprende un idioma estranxeiro. O equipo de monitores está a converter o inglés no idioma vehicular en todos os momentos do dia, procurando que o campamento se realice 100% en inglés: imaxinemos uns días de verán nun país de fala inglesa, esa é a meta. Equipo de monitorado composto por especialistas en inglés e tempo libre ao que se suma o equipo de Manzaneda para as actividades de aventura.