PRAZA DA PEDREIRA, DO 8 AO 12 DE XULLO

Cinema e Estrelas, un clclo para gozar de filmes actuais e clásicos á luz das estrelas

Cinema e Estrelas, un clclo para gozar de filmes actuais e clásicos á luz das estrelas

Pontevedra, 3 de xullo de 2025. Entre o 8 e o 12 de xullo, a praza da Pedreira acollerá un ano máis o ciclo “cinema e estrelas” coa proxección de cinco filmes actuais e clásicos, seleccionados polo Cineclube Pontevedra, dentro da programación das festas de verán da cidade.

As proxeccións comezarán puntualmente ás 23 h e proxectaranse en versión orixinal, cos seus correspondentes subtítulos. Todas as sesións son de acceso libre e de balde.

Os títulos a proxectar son:

Martes 8. Flow, un mundo que salvar. Filme de animación de Gints Zibalodis. Conta do distintivo ICAA (especialmente recomendado para a infancia). 2024.

Mércores 9. Bird, de Andrea Arnold. película estreada no festival de Cannes. 2024.

Xoves 10. Crossing, de Levan Akin. Filme que gañou o premio Teddy do Xurado na Berlinale, e o premio ao mellor filme de ficción no Zinegoak, o festival internacional de cine e artes escénicas LGTBIQ+ de Bilbo. 2024.

Venres 11. Unha historia verdadeira, de David Lynch. Filme de 1999, que servirá de homenaxe ao director recentemente falecido.

Sábado 12. Os paxaros, de Alfred Hitchcock. Filme clásico que se proxectará en copia de 35 mm.

Cinema e Estrelas, un clclo para gozar de filmes actuais e clásicos á luz das estrelas