VENRES 25 ÁS 20.30 H. NO MULTIUSOS DE ARCADE

Manu Lourenzo, Carme da Silva e Uxío Benítez falarán do novo modelo urbano de Soutomaior

Manu Lourenzo, Carme da Silva e Uxío Benítez falarán do novo modelo urbano de Soutomaior

Soutomaior, 24 de outubro de 2024. O BNG organiza este venres, 25 de outubro, un acto para falar sobre o novo modelo urbano para Soutomaior no que o Goberno local está traballando. O acto terá lugar ás 20:30 horas no Multiusos de Arcade, e nel intervirán o alcalde , Manu Lourenzo, a senadora do BNG, Carme da Silva, e o tenente de alcalde de Tomiño, Uxío Benítez.

O acto ten lugar despois de que o Goberno de Soutomaior ensinase de maneira pública a proposta para a humanización da N-550 ao seu paso por Arcade que o alcalde Manu Lourenzo presentou fai unhas semanas en Madrid ao director xeral de estradas, Juan Pedro Fernández Palomino, acompañado do tenente de alcalde Pablo Garrido e o prestixioso enxeñeiro Enrique Urcola, autor da proposta.

Así, a senadora Carme da Silva explicará o traballo feito polo BNG en Madrid para conseguir a reunión entre o Goberno local e a dirección xeral de Estradas, e a importancia de que Galiza e Soutomaior teñan voz propia en Madrid. Pola súa parte, Uxío Benítez, un dos grandes artífices do proceso de transformación urbana de Tomiño, falará precisamente de como foi ese proceso e cales son os seus beneficios para a veciñanza, converténdose en marca indiscutible do modelo de ‘concello BNG’.

VENRES NACIONALISTA MODELO URBANO
VENRES NACIONALISTA MODELO URBANO

En canto ao alcalde, Manu Lourenzo explicará aos veciños e veciñas máis polo miúdo esta proposta presentada en Madrid, o traballo que se realizará nos vindeiros meses e unha lixeira estimación dos prazos para que Soutomaior conte cun novo modelo urbano, máis amable, moderno e accesible, no que a gran beneficiada será a veciñanza de Soutomaior.

Neste sentido, o alcalde Manu Lourenzo sinalou que “a reunión en Madrid foi o punto de partida dun camiño longo que xa non ten volta atrás. Sabemos que os tempos dos Ministerio farán que se prolongue este proxecto que está suxeito a matices nas actuacións na rúa”. “Conseguimos o máis difícil que é que por primeira vez se abra un expediente formal de traballo para acabar cunha situación da N- 550 que supón unha barreira que dividía e hipotecaba o futuro de Soutomaior, un paso de xigante para Arcade que inicia unha senda de traballo que será complexa e ilusionante”.

Manu Lourenzo, Carme da Silva e Uxío Benítez falarán do novo modelo urbano de Soutomaior