Manu Lourenzo aborda co Director Territorial de Infraestruturas as necesidades dos viais da Xunta no concello

Manu Lourenzo e José Manuel Gómez
Manu Lourenzo e José Manuel Gómez
Manu Lourenzo aborda co Director Territorial de Infraestruturas as necesidades dos viais da Xunta no concello

Soutomaior, 23 de outubro de 2024. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, mantivo unha reunión co director territorial na provincia de Pontevedra da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, José Manuel Gómez González, para abordar as diferentes necesidades das estradas da Xunta ao seu paso por Soutomaior e a situación das estradas mortas no concello (a da Ponte Colgante, a da Casa da Cultura de Soutomaior e a do Colexio Santiago Apóstol), e que servíu tamén para poñer sobre a mesa as posibles transferencias de estradas ao concello. 

Manu Lourenzo, indicou tras esta reunión, que esta se centrou sobre todo na situación da estrada 264, da Avenida Xosé Solla e Roxelio Landeiro, ao seu paso por Arcade. Neste sentido o alcalde agradeceu a franqueza e traballo realizado e instáronse, Concello e Xunta, a traballar nas posibles solucións e acordos que se poidan chegar en relación a esta estrada que atravesan o núcleo urbano de Arcade. 

Manu Lourenzo agradeceu “a boa acollida desta reunión, a franqueza das propostas e a boa disposición ao entendemento para traballar nas melloras para Arcade que se deben levar adiante en colaboración entre as diferentes administración. Agradezo a boa disposición ao traballo á Consellería e a partir de agora toca seguir o camiño para que os asuntos abordados nesta reunión poidan traer melloras nas infraestruturas de Soutomaior”. 

Manu Lourenzo aborda co Director Territorial de Infraestruturas as necesidades dos viais da Xunta no concello