O Centro Histórico e Estribela contarán con novas axudas para a rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética

O Concello de Pontevedra vén de convocar as bases reguladoras para axudas á rehabilitación e o aforro enerxético en vivendas privadas no centro histórico e Estribela, por máis de 660.000 euros

O Centro Histórico e Estribela contarán con novas axudas para a rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética

Pontevedra, 22 de outubro de 2024. O concelleiro de Urbanismo, Xaquín Moreda, vén de anunciar a posta en marcha dunha nova xeira de axudas económicas para a rehabilitación de vivendas, nesta ocasión da man da convocatoria das bases reguladoras de subvencións para rehabilitación de actuacións incluídas no programa ‘Axuda ás actuacións de rehabilitación e nivel de barrio do plan de recuperación transformación e resilencia’. 

“Estamos a falar do que antigamente coñeciamos como ARI, mais agora as axudas chegarán a través de fondos europeos”, explicou o concelleiro. “O obxectivo destas liñas de subvencións é a mellora da eficiencia enerxética de edificios”. 

Trátase dunhas axudas destinadas e aplicadas en exclusiva para o ámbito privado, e poderán ser solicitadas polos veciños e veciñas que residan no centro histórico da cidade e no barrio de Estribela. Para a primeira área destinaranse 556.957,29 euros e para a segunda, 108.366,17 euros. “Son unhas cincuenta actuacións no conxunto histórico e 25 no núcleo de Estribela”, sinalou, engadindo que as actuacións a realizar deberían estar rematadas antes do mes de xuño do ano 2026. Cómpre sinalar que estas axudas son compatíbeis coas anteriores liñas do ARI. 

Moreda explicou que as axudas poderán ser solicitadas por vivenda, habendo un total de tres pinzas ou niveis en base á porcentaxe de mellora na eficiencia enerxética. 

O Centro Histórico e Estribela contarán con novas axudas para a rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética