Caldas acolle a celebración do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galiza

cemiterio de Eirín
cemiterio de Eirín
Caldas acolle a celebración do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galiza

Caldas, 24 de outubro de 2024. O cemiterio municipal de Eirín en Caldas de Reis vai acoller este sábado 26 ás 6 da tarde a celebración do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galiza. O acto, coñecido tamén como o ‘Día das Letras Galegas dos defuntos’, incluirá a colocación dunha placa en homenaxe ás persoas mortas que se desenvolveron en vida en galego pero que teñen a súa lápida escrita en castelán, algo considerado polos promotores da iniciativa como “unha anomalía cultural que é preciso corrixir”. 

A actividade está organizada polo departamento de Cultura do Concello de Caldas no marco da campaña ‘En Galego, agora e sempre’ da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística. 

O Tenente de Alcalde Manuel Fariña sostén que este ano Caldas de Reis promove a iniciativa para volver poñer de manifesto que os camposantos son un dos lugares nos que é máis evidente a desmemoria da lingua galega, xa que habitualmente as familias renuncian ao idioma que habitualmente se fala na casa para lembrar aos seus seres queridos. Destaca o nacionalista que é necesario abandonar a diglosia e reivindicar a galeguidade en espazos tan persoais como os panteóns ou as lápidas. “A maior parte das persoas que moran no camposanto de Eirín educaron a fillos e fillas no galego, facendo gardar a memoria colectiva, polo que merecen homenaxe e recoñecemento”, afirmou o portavoz nacionalista. 

Caldas acolle a celebración do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galiza