Manu Fariña denuncia que, para o goberno do Estado, Caldas non existe
Caldas de Reis, 25 de outubro de 2021. "Para o goberno do Estado, simplesmente Caldas non existe", afirmou o portavoz municipal do BNG, Manuel Fariña, logo de comprobar que un ano máis as partidas do Estado esquecen as necesidades máis básicas de Caldas.
"Vou trasladarlle ao deputado do BNG, Nestor Rego, a necesidade de presentar emendas os orzamentos xerais do Estado para que non se sigas demorando no tempo investimentos que son fundamentais para o noso concello e para a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas", afirmou Manuel Fariña.
Manuel Fariña: “As propostas do BNG están encamiñadas a mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños, así como a promover o desenvolvemento e o futuro do noso concello”.
Neste sentido citou a reforma integral das estradas N-640 e N-550 ao seu paso polo casco urbano de Caldas e a construcción dunha nova ponte sobre o Umia que conecte estas dúas estradas e funcione como altenativa á Ponte da Ferrería son proxectos estratéxicos fundamentais para o desenvolvemento de Caldas. Estes investimentos non só suporían unha mellora definitiva na calidade de vida das veciñas e veciños de Caldas, senón que o calmado do tráfico e a devolución do espazo urbano para as persoas suporía un importante mellora para a actividade social e económica da vila.
Incidíu tamén na necesidade de acometer unha reforma en profundidade na N-640 á altura do polígono das Veigas de Almorzar que mellore a seguridade viaria ao tempo que faga viable o desenvolvemento industrial desta área industrial. Contribuíndo deste xeito á xeración de novos postos de traballo nun momento de crise social e económica como a actual.