Máis de 60 establecementos súmanse á campaña "Polo nadal comercio local" do Concello de Barro

campaña-nadal2020-barro
Máis de 60 establecementos súmanse á campaña "Polo nadal comercio local" do Concello de Barro

Barro, 10 de decembro de 2020. Na actual situación de crise sanitaria púxose aínda máis de manifesto a necesidade de contar cun comercio local e de proximidade forte, xa que o seu servizo foi fundamental para atendar as necesidades básicas da poboación durante os meses máis complicados da pandemia, ademais de ser elementos chave na dinamización económica.

A campaña de Nadal é un momento vital para o pequeno comercio, dado o aumento do consumo que estas datas levan asociadas e por iso desde o Concello de Barro póñense en marcha dúas iniciativas que procuran, por unha banda, incentivar o consumo nos establecementos locais e, pola outra, promover entre o sector a decoración de escaparates para axudar a dinamizar e ambientar as rúas da localidade.

A campaña que leva por nome Polo Nadal comercio local e da que participarán máis de sesenta establecementos comezou o 10 de decembro e rematará o 6 de xaneiro. Dentro desta campaña, unhas das iniciativas que ten como obxectivo de promover o consumo, leva por nome Mercar en Barro ten un lote de premios e a través da cal o Concello entregará a cada negocio adherido un lote de produtos mercados a comercios e empresas locais para que sorteen entre a súa clientela por compras superiores a 5 euros. 

A outra iniativa leva por nome Barro de escaparate e consistirá nun corcurso de escaparates que repartirá 450 euros en premios entre os establecementos gañadores.

Máis de 60 establecementos súmanse á campaña "Polo nadal comercio local" do Concello de Barro