A sanidade pública de Poio en datos
Para a toma de datos tomamos dúas fontes que non deberían ser sospeitosas de manipulación, porque se o son.....
As publicadas na web do IGE (Instituto Galego de Estatística).
A hemeroteca da web do Goberno da Xunta de Galicia
E vaia por diante que tendo en conta a fonte, e se á vista dos resultados en relación a situación sanitaria en que ten a Consellería de Sanidade ao noso Concello, alguén pon en dúbida os mesmos... pois ao mellor alguén terá que empezar a explicar como é posible que os datos publicados polo IGE non se correspondan co que ese alguén intente defender.
Conceptos básicos:
Número de habitantes. Tomamos como referencia comparativa os datos dos concellos da Provincia de Pontevedra situados no mesmo rango que o concello e Poio, que neste caso o IGE sitúao de 10.001 a 20.000 habitantes.
Este rango está formado por 16 concellos, que en total suman 226.490 habitantes.
Poio, con 17.445 habitantes, ocupa o 4 lugar despois de Moaña, O Porriño e Nigrán
Número de médic@s. Para o que nos ocupa aquí tomamos os datos que ofrece o IGE en atención primaria para o chamado “médico xeral”, capítulo aparte merecen as outras categorías e que tamén están tamén para analizar, que tamén teñen o seu aquél.
Aquí a cousa empeza a cambiar, e Poio baixa ao posto número 12 con 8 médic@s xerais fronte aos 28 que conta Nigrán que só ten 65 habitantes máis ca Poio. E co mesmo número de médicos que Gondomar ou Tomiño que cada un deles ten 3.000 habitantes menos ca Poio.
Número de habitantes por cada médic@. O número que nos daría a probable carga de traballo de cada médico/médica é a cantidade existente de Tarxetas Sanitarias en cada concello, que é o que permite establecer a “ratio” de TIS por médic@ de familia. Dado que non dispoñemos dese dato faremos a estimación co número de habitantes, que é de supoñer que tamén dará unha idea aproximada do que estamos a falar.
E, como non podía ser menos, aquí Poio ocupa un destacado primeiro posto con 2.181 habitantes por cada médic@ de familia.
E cando do PP local, do provincial e dos responsables da Xunta de Galiza queren facer responsables do estado da sanidade en Poio ao Goberno Municipal, obviando que este é un tema da súa competencia como responsables políticos da Consellería de Sanidade, hai que tirar da hemeroteca e rescatar as verbas pronunciadas pola Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, nunha comparecencia no Parlamento de Galicia o 17 de decembro de 2014: “na actualidade a ratio de tarxetas sanitarias (TIS) por médico de familia en Galicia baixou de 1310 en 2009 a 1289 neste ano 2014, é dicir, menos pacientes por médico de atención primaria ou, o que é o mesmo, máis médicos por paciente”.
A Conselleira gabábase de que en 5 anos (2009 a 2014) conseguira baixar en 21 tarxetas sanitarias a carga de traballo dos médicos de familia (é dicir 4 por ano!!!). E a referencia temporal da cita non ten desperdicio, porque responde á obsesión enfermiza dos responsábeis do PP de comparar toda a súa xestión coa etapa do Goberno de coalición (PSOE-BNG), inda que no camiño teñan que torturar os datos (que como dixo un destacado personaxe: “baixo tortura acaban dicindo o que ti queres”), ou sexan da entidade dos citados máis enriba...
Pois ben 5 anos despois (2014–2019) atopámonos en Poio que ben seguro que non temos unha ratio de 1.289 tarxetas sanitarias por médico de familia, que tendo en conta que a ratio de habitantes é de 2.181 todo fai supoñer que a de tarxetas sanitarias vai ser “algo superior” ás 1.289 de media da Galiza, segundo os datos da Conselleira, no 2014.
Por moito que intenten contar historias a dotación de recursos humanos dun Servizo Público non garda relación directa coa dotación das infraestruturas materiais, pero si a garda coa vontade política da defensa do sector Público, ou da do seu desmantelamento para favorecer a determinados intereses privados. E os datos, os seus datos, despois de 11 anos ao fronte da Xunta de Galiza din o que din da situación dos nosos servizos públicos esenciais, como é a Sanidade.