Máis de 1500 persoas reúnense no II Encontro do Viño Colleiteiro de Soutomaior

colleiteiros da II edición Soutomaior 2026
colleiteiros da II edición Soutomaior 2026
Máis de 1500 persoas reúnense no II Encontro do Viño Colleiteiro de Soutomaior

Soutomaior, 1 de xuó de 2026. Éxito total na segunda edición do Encontro do Viño Colleiteiro de Soutomaior, despois de que o certame reunise a máis de mil cincocentas persoas entre o sábado e o domingo no campo da Festa de San Benito, en Romariz. Unha afluencia que superou todas as previsións de Goberno local e colleiteiros e que puxo de manifesto, un ano máis, que o Encontro, moi demandado durante décadas pola veciñanza, “chegou para quedar”, en palabras do alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo.

Unha segunda edición na que o furancho do Pazo María & Conrado fíxose co galardón ‘Colleiteiro distinguido Soutomaior 2026’, obtido tras unha cata a cegas cun xurado profesional composto Iria Otero Mazoy. Especializada na produción de viños en pequenas cantidades, María José Zafra González, docente no CIFP A GRANXA no Módulo Profesional de cata no Grao Superior de Vitivinicultura e Carlos Olivera Olivera, sumiller, comercial de adega.

premiados na II encontro do viño 2026
premiados na II encontro do viño 2026

O público asistente desfrutou durante toda a fin de semana dos viños de todas as adegas participantes nesta edición que foron: o Furancho Linchú, Furancho do Pazo María & Conrado, Adega-Furancho do músico, María Sobral, Albariño da Baralla, A casa de Lisa, Irmáns Lorenzo, Furancho O Maroco, Aires de Verdugo, A Peroxa, Eido de Lombeira e Albariño do Rodeiro, ademais de churrasco, polbo, pinchos de Caldius e ostras da zona gastro, ao tempo que polo escenario pasaron Francisco Castro e Valerio Araújo, a música de Bafana Bafana ou Madalena Gamalho e, un encontro no que puideron desfrutar da actividade divulgativa “5MinutosDeViñoDeSoutomaior” ou a mesa coloquio “O viño, patrimonio cultural”. 

O alcalde Manu Lourenzo dixo nesta xornada que “este II Encontro do Viño Colleiteiro é unha mostra do orgullo que sentimos en Soutomaior polo noso patrimonio vitivinícola e polo traballo das persoas colleiteiras que, xeración tras xeración, manteñen viva unha tradición que forma parte da nosa identidade.”.

Neste sentido, Manu Lourenzo sinalou que “desde o Concello queremos seguir apoiando e dando visibilidade a un sector que contribúe á dinamización económica, social e cultural do noso municipio. Este encontro é tamén unha oportunidade para que veciños, veciñas e visitantes descubran a calidade dos nosos viños e coñezan de perto o esforzo que hai detrás de cada colleita. A excelente resposta do público confirma que iniciativas coma esta teñen un gran futuro e que Soutomaior segue consolidándose como un referente na promoción dos produtos locais e das nosas tradicións."

Unha segunda edición onde todas e todos os participantes recibiron o seu diploma por formar parte do II Encontro do Viño, Antonio o Músico recibiu unha placa homenaxe a súa labor no mundo do viño e da tradición en Soutomaior e, os premiados, nesta edición foron: o furancho de María Sobral que se fixo co primeiro premio, o segundo premio foi para O Roreiro de Comboa e o terceiro ao Pazo María & Conrado.

Máis de 1500 persoas reúnense no II Encontro do Viño Colleiteiro de Soutomaior