Lores participa nun encontro para abordar a reconstrución das cidades

Miguel Fdez. Lores-19-04-15--3000 px 2
Pontevedra participa o 30 de abril nun encontro para abordar a reconstrucción das cidades, organizada pola entidade Climate Reality Project, creada polo ex-vicepresidente norteamerican e premio nobel, Al Gore. Xunto a Lores participará o alcalde de Vitoria-Gasteiz, Gorka Urtarán, e a arquitecta e profesora de Harvard, Belinda Tato, nunca mesa redonda moderada sola activista Susana Bayo.
Lores participa nun encontro para abordar a reconstrución das cidades

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores participa mañá, xoves 30 de abril, ás 17 h. nunha videoconferencia coa entidade Climate Reality Project creada polo activista, premio nobel e exvicepresidente norteamericano Al Gore, para abordar o futuro das cidades no mundo, dado o cuestionamento que están a ter na actualidade os modelos urbanos con motivo da crise sanitaria da Covid-19 e o obrigado cambio que precisan como xa tratan de poñer en marcha grandes cidades como Nova Iorque ou Milán, entre outras. 

Pontevedra foi convidada polo equipo en España Climate Reality Project Europe a participar nesta conversa co alcalde de Vitoria, Gorka Urtaran, e a arquitecta e profesora de Harvard, Belinda Tato, para abordar “Agora ou nunca: cidades sostibles”. Moderado pola líder climática Susana Bayo. 

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores explicou que “a pandemia puxo na actualidade a necesidade crear cidades sostibles e cidades para as persoas. Hai gran debate social a nivel mundial sobre como deben ser as cidades despois do coronavirus”. 

Lembrou que Pontevedra ten moito avanzado nos últimos 20 anos “e agora nos damos conta de que o espazo público é insuficiente para cumprir as medidas de seguridade para saír á rúa”. Afirmou que “aportaremos ao debate a nosa experiencia, especialmente para as persoas con máis necesidade: recuperar o espazo público e mellorar a calidade de vida de tal xeito a expansión dunha epidemia destas características sexa moito menor”. 

A conferencia comezará ás 17.00 horas e é aberta ao público a través da plataforma Zoom, no enlace: 

https://climatereality.zoom.us/j/93332247910 

O contrasinal é: Spain2 

Lores participa nun encontro para abordar a reconstrución das cidades