Lores abre as portas da Casa Consistorial a distintos clubs deportivos da cidade para repasar os seus éxitos
Pontevedra, 21 de xullo de 2026. Unha sucesión de visitas deportivas cumprimentaron a mañá do martes ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e á concelleira de Deportes, Anabel Gulías. Foron un total de 8 clubs doutras tantas disciplinas que se achegaron a falar do balance da súa tempada deportiva e os proxectos de futuro de cara ao seguinte período.
Club Piragüismo Verducido, Rías Baixas de Atletismo, Bádminton Ravachol, Sociedade Ximnástica, Natación Galaico e Treboada de ximnasia. Tamén visitou a Casa Consistorial a loitadora Lydia Pérez Touriño, que conseguiu o ouro no Campionato de España e a prata nas Ranking Series Mundiais de Loita Praia.
En total máis de 50 deportistas da cidade visitaron ás autoridades, que puxeron en valor tanto o esforzo individual e en equipo de competidores e competidoras como o traballo dos clubes, na súa maioría dependentes do traballo voluntario das súas directivas ou responsables.
Un esforzo ao que non é alleo o Concello, que conta con diversas liñas de colaboración, tanto con subvencións directas como a través doutras fórmulas como as Escolas Deportivas, das que os clubs son alicerces fundamentais.
Entre os nomes propios que xiraron visita a alcalde e concelleira hai varias campioas e campións de competicións estatais como, no caso do piragüismo Claudia Lamas, Julio Baliñas, Ánxela Fontán, Carmen Ventura, Rosa Ana e María Diñeiro, Siegrun Bischof, Aitana Casal, Antía Tejera, Marta Carlés, María Portela, Rut Otero, Laura Ventura, Claudia Lamas, Alexandre Oglesias, Alejandra Oliete, Ángela Rodríguez, Martín Figueira, Diego Magdalena, Joel Tejera, Candela Álvarez, Paula Vaz, Unai Bernárdez, Carlos García, Mauro Domínguez e Lorena Pérez.
Do Rías Baixas de atletismo achegáronse Gonzalo Méndez, Jacobo Soler, Nicolás Saavedra, Mateo Refojo, Celia Couto, Diego Alberto Ferradás, David Vicente García e Noa Valiñas.
Do Ravachol visitaron o Concello tres componentes do clube, que acadou o terceiro posto na División de Honra 2025-2026, igualando o mellor resultado da súa historia na máxima categoría do bádminton estatal.
Catro foron os atletas que representaron á Ximnástica, entidade que celebra o próximo ano o seu centenario: Guillermo Piñeiro, Nicolás Piñeiro, Luis Durán e Diego Acuña.
Mariña Calvo, Iván González e Deva Alonso exhibiron o seu poderío con diversos trunfos en varias disciplinas de natación en representación do Galaico, e polo Clube Treboada estiveron no Concello Enma Medrano, Laura Pereira e Lucía Cima, Martina Maquieira, Rosalía Lorenzo e Maruxa Casas, todas elas prata en diversos campionatos estatais.