Iván Bello, elexido por unanimidade novo Responsábel Comarcal do BNG

Configurar candidaturas gañadoras con proxectos propios para cada Concello e aupar a Ana Pontón como próxima Presidenta da Xunta de Galiza obxectivos do novo Consello Comarcal

 

Iván Bello, elexido por unanimidade novo Responsábel Comarcal do BNG

Pontevedra, 14 de decembro de 2021. O BNG deu a coñecer a configuración do novo Consello Comarcal, encabezado polo que foi responsábel Local de Barro e actual concelleiro de Obras e Servizos, Deporte e Medio Rural nese Concello, Iván Bello Ferreiro, que foi elexido unanimemente pola militancia nacionalista.

Bello, que comezou a súa intervención agradecendo o traballo levado a cabo pola dirección saínte, encabezada por Demetrio Gómez, afirmou que “collemos o testemuño da anterior dirección e continuaremos, con enerxías renovadas,a súa mesma liña de traballo”, 

O novo responsábel salientou os dous obxectivos fundamentais  que se marca o novo Consello Comarcal: “presentar nas vindeiras eleccións municipais candidaturas en todas as localidades da comarca, que conten cun proxecto propio e que saian a por todas; e traballar arreo para facer de Ana Pontón a vindeira Presidenta da Xunta de Galiza.

Iván Bello salientou que o Consello Comarcal, composto por 35 persoas, renovouse en case o 50%, e que hai un número significativo de persoas, entre as que se inclúe, con menos de 30 anos.

O novo Responsábel Comarcal fixo fincapé en que a nova Dirección conxuga xuventude con experiencia  e  que “é unha honra para min estar acompañado polos tres alcaldes da comarca, por 19 concelleiros e concelleiras, o Vicepresidente da Deputación; dous deputados galegos; catro persoas da Executiva Nacional do BNG, persoas do mundo sindical  e persoas que son referentes do BNG nas súas localidades”.

Bello puxo en valor que o BNG goberna xa sobre perto do 60% da poboación da comarca e que “aspiramos a mellorar aínda máis os nosos resultados coa configuración de candidaturas con proxectos propios para cada concello e que saian co obxectivo de gañar en cada unha das localidades”.

O Consello Comarcal eleito pola Asemblea Comarcal completarase coas persoas que sexan designadas responsábeis locais,m así como polo Responsábel Comarcal de Galiza Nova

 

CONSELLO COMARCAL DO BNG

 

  1. Iván Bello Ferreiro. Concelleiro en Barro    RESPONSÁBEL COMARCAL
  2. Ana Peralba Lourenzo. Pontevedra              VICE-RESPONSÁBEL COMARCAL
  3. Demetrio Gómez Xunqueira. Concelleiro en Pontevedra
  4. Marga Caldas Moreira. Concelleira e portavoz do BNG  en Poio
  5. Manuel Fariña Souto. Concelleiro e portavoz do BNG en Caldas
  6. Anabel Gulías Torreiro. Concelleira e portavoz do goberno municipal de Pontevedra
  7. Manuel Lourenzo Sobral Membro da Executiva Nacional, deputado no Parlamento galego e Portavoz municipal en Soutomaior
  8. Marta Ferreiro Fernández. Sindicalista da CIG. Poio
  9. César Mosquera Lourenzo. Vicepresidente da Deputación e concelleiro en Pontevedra
  10. Eva Vilaverde Pego. Membro da Executiva Nacional e concelleira en Pontevedra
  11. Pablo Garrido Orge. Concelleiro en Soutomaior
  12. Lucía García Sanmartín. Galiza Nova  Cerdedo-Cotobade
  13. Luís Bará Torres. Membro da Executiva Nacional e deputado no Parlamento Galego  Pontevedra
  14. Carme da Silva Méndez. Membro da Executiva Nacional e concelleira en Pontevedra
  15. Adrián Silva Magdalena. Concelleiro en Barro
  16. Dores Chedas Hervés. Cuntis
  17. Diego Moreira Álvarez. Concelleiro en Soutomaior
  18. Sabela Bará Louro.  Pontevedra
  19. Marcos Suárez Redondo. Concelleiro e portavoz en Moraña
  20. Raquel Rodríguez Alonso. Concelleira en Poio
  21. Xabier Lorenzo Campos. Concelleiro en Ponte Caldelas
  22. Mª Teresa Tocino Barreiro. Pontecesures
  23. Luciano Sobral Fernández. Alcalde de Poio
  24. Diana Rodríguez Regueira. Secretaria de Formación Sindical e para o emprego da Executiva da CIG. Pontevedra
  25. Miguel Anxo Fernández Lores. Alcalde de Pontevedra
  26. Sol Seoane Ventín. Concelleira e portavoz en Ponte Caldelas
  27. Xosé Manuel Fernández Abraldes. Alcalde de Barro
  28. Sonia Gulías Torreiro.A Lama
  29. Xaquín Soliño Martínez. Pontevedra
  30. Mariña Búa González. Concelleira en Moraña
  31. Arturo Fontán Pérez. Concelleiro e portavoz en Portas
  32. Andrea Ferrer Muñiz. Galiza Nova Poio
  33. Joám Romero Durán. Cerdedo-Cotobade
  34. Ángela Aboy Campañó. Galiza Nova Barro
  35. Ernesto Filgueira Touriño. Concelleiro e portavoz en Cerdedo-Cotobade
Iván Bello, elexido por unanimidade novo Responsábel Comarcal do BNG