INCODEFEST: música, inclusión e identidade local en perfecta harmonía.

Rolda INCODEFEST
Rolda INCODEFEST
INCODEFEST: música, inclusión e identidade local en perfecta harmonía.

Pontevedra, 20 de maio de 2025. O Incodefest regresa cun novo impulso e presenta o cartel da súa segunda edición, que se celebrará o 30 e 31 de maio nun enclave único de Pontevedra, a súa alameda, en pleno centro da cidade. 

O festival, que combina música ao vivo cun espírito comunitario, aposta este ano por unha programación diversa, con artistas emerxentes e consolidados, así como escolas de música locais, que amosarán o talento da cativada e que poñen o foco na calidade, a inclusión e a conexión co territorio. Igualmente, diferentes bandas do Local de Música de Pontevedra subiranse ao escenario e teñen un papel importante dentro do cartel que se presenta. 

Entre os nomes destacados do cartel deste ano atopamos a FAUL e Mundo Prestigio, que compartirán escenario con propostas innovadoras como Thom Archi ou Cintaadhesiva nunhas xornadas que misturarán sons electrónicos, rock e punk, mantendo o espírito ecléctico que define ao festival. 

Por outra banda, reunirá diferentes proxectos de inclusión coma XeRock de A Guarda, e unha colaboración moi especial cunha banda (ECO) da Escola de Rock de Paredes de Coura (Portugal). 

O Incodefest non é só música: é encontro, diversidade e cultura. Ao longo destes días, o público poderá gozar de espazos de descanso, postos de comida e actividades paralelas pensadas para todos os públicos. O festival reafírmase así como un evento sostible, accesible e comprometido coa inclusión e diversidade. 

Incodefest trátase dun evento de balde, financiado polo Concello de Pontevedra e producido por Artecalavera, cunha programación coidada tanto no musical como no cultural e cun novo enfoque á hora de entender un festival. 

INCODEFEST: música, inclusión e identidade local en perfecta harmonía.