DO 2 AO 7 DE AGOSTO

A I Semana Grande de Soutomaior aterra cunha ampla programación

Presentación da I Semana Grande de Soutomaior
Presentación da I Semana Grande de Soutomaior
A I Semana Grande de Soutomaior aterra cunha ampla programación

Soutomaior, 22 de xullo de 2024. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo e a concelleira de Asociacións, Charo Bouzón, a compañadas polas asociacións veciñais de Soutomaior presentarona programación da I Semana Grande de Soutomaior, unha cita "de primeiro nivel" na que as asociacións veciñais serán as grandes protagonistas, e que terá lugar do 2 ao 7 de agosto.  

A festa contarán con dous torreiros e dous espazos para a súa celebración, un que será o Torreiro da Feira do dez en Candán e o outro a contorna da Igrexa de San Salvador. 

Tal e como dixo Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior, “estamos ante un momento importante para Soutomaior, o que estamos aquí facendo pode marcar a semana grande para xeracións, que os nosos fillos e netos sintan que o que vamos a facer é unha grande festa que vai a permanecer no tempo. Isto vai a ser posible na medida en que creamos neste proxecto, en canto e tanto nos impliquemos esta festa evolucionará e medrará acompañando á sociedade que é a auténtica protagonista da mesma”. O alcalde ten claro que “esta é a festa de toda a veciñanza de Soutomaior, de toda a corporación e a min me gustaría que así se entendese sempre e que a primeira semana de agosto sexa recoñecida no calendario como a semana das Festas de Soutomaior”. 

Para finalizar Lourenzo dixo que “non podo estar máis ilusionado, esta festa ten valor en termos festivos pero ten moito valor en termos económicos e creo que Soutomaior vai ter unha festa como se merece”.

programación
programación

Programación

A I Semana Grande de Soutomaior comeza o venres 2 de xullo co chupinazo inaugural e co espectáculo da ´Mekánica Rolling Band´ con pasarrúas ata a Igrexa de San Salvador onde a festa continuará coa música da ´Duendeneta´.

O sábado haberá unha sesión vermú a cargo de  ´Desconerto´, unha xornada, o 3 de agosto, onde o prato forte será o directo de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre que estarán a partir das 21:00 h. no Torreiro da Feira do Dez. 

O domingo 4 de agosto ás Asociacións Veciñais serán as protagonistas co día da cociña de Soutomaior e o xantar popular, haberá showcooking a cargo de cociñeiros e cociñeiras de Soutomaior e coa celebración dun gran xantar popular. 

O luns 5 chegarán as verbenas a esta festa coa presenza dunha das cinco mellores orquestras, con La Misión, que actuará a partir das 22:30 h. no Torreiro da Feira do Dez en Candán, ás 00:15 h. terá lugar o espectáculo Pirotécnico de luces. Será este, sen dúbida, un dos días grandes da festa. 

O martes haberá sesión vermú con `Balbuena & Seoane´ na contorna da Igrexa de San Salvador, concerto da banda Artística de Arcade e verbena co directo da orquestra Cinema no Torreiro do dez en Candán. 

Xa na xornada do mércores 7 terá lugar o remate das festas coa Romaría de San Caetano e cunha sesión vermú na Ermida de San Caetano no Castelo de Soutomaior. 

A I Semana Grande de Soutomaior aterra cunha ampla programación