10 DE XULLO. PEIRAO DE ARCADE
De Ninghures, 9Louro, Talco e La Duendenta serán os protagonistas dos concertos de verán de Soutomaior
8 de maio de 2026. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e o concelleiro de Mocidade, Gonzalo Outeiro, presentaron os concertos de verán que este ano protagonizarán o Verán de Soutomaior, unha proposta variada para desfrutar de música internacional e galega nun ambiente distendido e festivo.
Un cartel que aposta pola diversidade musical e interxeneracional onde haberá bandas galegas como “De Ninghures”, que mestura ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos e magrebís e que está sendo unha referencia no panorama musical galego. Formará parte do cartel tamén “9Louro”, un proxecto emerxente galego que de seguro vai dar moito que falar e bailar co seu pop urbano, trap, e música electrónica. O cartel complétase con Talco, unha banda de orixe italiano da actual escena internacional que se consolidou nos últimos anos como unha das máis importantes de Europa que fai ska e punk cun son contundente con moita presencia de ventos e cunhas letras reivindicativas que farán que este verán sexa inesquecible. Todo isto completado coa música da Duendeneta que nos acompañará ao longo de toda a tarde noite.
Todos os concertos serán de balde e a cita comezará a partir das 20:30h no Peirao de Arcade. O alcalde, Manu Lourenzo, convidou a que todo o mundo reserve esta cita no calendario e dixo nesta xornada que “o Peirao de Arcade será, o 10 de xullo, o epicentro dunha tarde noite inesquecible con grupo de referencia internacional como Talco e o mellor do panorama galego con De Ninghures e 9Louro, unha cita onde no faltará a música e divertimento de La Duendeneta”.