Soutomaior recibe a Certificación Festa Sostible de Galiza Suroeste pola Festa da Ostra de Arcade
Soutomaior, 11 de maio de 2026. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, recolleu no Centro Social La Liga de Amigos do Rosal, a certificación da Festa da Ostra como Festa Sostible de Galiza Suroeste.
Durante a xornada fíxose entrega das certificacións ás festas participantes, un total de 14 festas, poñendo en valor as accións desenvolvidas para reducir o impacto ambiental das celebracións, especialmente no ámbito da prevención e xestión de residuos, o uso eficiente dos recursos e a promoción de produtos locais e de proximidade.
Ao longo do acto destacouse que o programa permitiu avanzar na incorporación de medidas concretas adaptadas á realidade das festas gastronómicas do territorio, favorecendo cambios prácticos na organización dos eventos e xerando unha dinámica de mellora continua.
Tamén se puxo en valor o papel das comisións organizadoras, cuxo esforzo foi clave para integrar criterios ambientais en celebracións con gran arraigamento social e cultural, demostrando que tradición e sustentabilidade poden avanzar da man.
Co acto celebrado no Rosal, o programa reforzou o seu papel como instrumento para impulsar un cambio real na organización de eventos no territorio, promovendo unha cultura baseada na responsabilidade, no coidado do entorno e na mellora ambiental das festas.