O Concello de Pontevedra e Telpark volven colaborar no fomento do comercio local a través de cargas de balde no estacionamento da Alameda

aparcamento alameda
aparcamento alameda
O Concello de Pontevedra e Telpark volven colaborar no fomento do comercio local a través de cargas de balde no estacionamento da Alameda

Pontevedra, 11 de maio de 2026. O Concello de Pontevedra e Telpark, xestor da concesión dos estacionamentos soterrados da Alameda e da Praza de España, volven colaborar para fomentar o comercio local, nesta ocasión favorecendo a recarga gratuíta no aparcadoiro de Alameda de Pontevedra entre o 11 e o 17 de maio. 

Grazas á iniciativa de Tekpark, os condutores que se acheguen a Pontevedra poderán utilizar sen custo 10 puntos de recarga semirrápida de ata 22 kW. Para acceder ao servizo, será necesario realizar a recarga a través da app Telpark, que permite localizar os puntos dispoñibles en tempo real e xestionar o proceso de forma dixital e sinxela. 

Telpark xestiona na cidade 841 prazas nos seus dous aparcadoiros subterráneos: Praza de España e Alameda de Pontevedra. A súa app actúa como eixe dixital e permite aos cidadáns xestionar estacionamento e recarga de forma integrada. 

Esta actuación enmárcase no compromiso de ambas as entidades por seguir apoiando ao sector comercial da cidade ao tempo que se profunda nun modelo de cidade máis sostible, reducindo emisións e apoiando a transición enerxética. 

O Concello de Pontevedra e Telpark volven colaborar no fomento do comercio local a través de cargas de balde no estacionamento da Alameda