Galiza Nova denuncia o acoso do goberno español
A organización Galiza Nova denuncia as multas impostas aos seus responsábeis na comarca de Pontevedra e membros da súa Comisión Permanente, Alberte Fernández e Sabela Bará pola Subdelegación do Goberno pola realización dun mural conmemorativo polo día de Rosalía. As multas serían de contía de 100 por cada denunciado.
A denuncia recolle que se realizaron danos ou deslucimento a bens de uso público ou privado na vía pública mais non existe tal deslucimento por ser un valo abandonado e pintado previamente con graffiti como se inclúe nun informe da Policía Local e na fotografía anexada na nota e non se desluciu.
Para Alberte Fernández, responsábel comarcal, esta multa responde a cuestións totalmente políticas que buscan perseguir todo rastro de cultura alternativa ao que o sistema quere. Esta denuncia ademais ampárase na Lei de Seguridade Cidadá do PP, a chamada Lei Mordaza. O BNG e Galiza Nova mostrámonos radicalmente en contra dela e apostamos firmemente pola súa derrogación, non coma outras maiorías parlamentares destes meses no Congreso que non moveron un dedo por derrogala, comentou logo.
Sabela Bará, responsábel comarcal de organización, engade que nós defendemos a Rosalía real, a loitadora pola liberdade do seu pobo que deixou escrito o lema do mural: pobre Galiza, non debes chamarte nunca española; e non a chorona que lle interesa ao poder español.