SÁBADO 27 DE ABRIL

O Galegote recupera os bares como cenario principal á hora de apostar pola música galega

O Galegote recupera os bares como cenario principal á hora de apostar pola música galega

Pontevedra, 5 de abril de 2024. O Galegote preséntase de novo como unha xornada imperdíbel para os amantes da música. A nova edición festa proposta promovida polo Concello de Pontevedra cristaliza nunha xornada onde as voces e as melodías galegas son as protagonistas, recuperando os bares como os escenarios principais para presentar as cancións e, como non, gozar das mesmas.

Até 14 actuacións distintas se desenvolverán na Boa Vila o vindeiro 27 de abril, en distintos locais e establecementos como son o Diaño, o Tabula Rasa, a Nasa, La Hormiga, La Pomada, O Grifón, O’Panderetas, La Verbena, o Chirala, The Groove House e o Sopa de Gallo.

O concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística, Demetrio Gómez, lembrou que co Galegote «case se pode dicir que dá comezo a tempada de festivais». «O sábado 27 de abril volvemos gozar cun festival que ten como fío conductor a lingua galega», indicou, ao tempo que repasou as novidades deste ano como son á volta a condensar todo o programa nunha única e intensa xornada, amais da volta aos bares como «mellor ambiente para o rocanrol, xuntando ambientes e públicos».

«Dos 14 espectáculos, 12 estarán realizados por artistas do país e 2 por artistas portugueses»

O Galegote recupera os bares como cenario principal á hora de apostar pola música galega