SÁBADO 29. TEATRO PRINCIPAL

O Foro da muller e o benestar na peri e menopausa colga o cartel de completo con 375 mulleres inscritas

O Foro da muller e o benestar na peri e menopausa colga o cartel de completo con 375 mulleres inscritas

Pontevedra, 27 de novembro de 2025. Que supón a peri e menopausa para unha muller? Como afectan os cambios hormonais a súa saúde física, mental e emocional? Como poden mellorar o seu benestar? Son respostas que buscan as 375 mulleres que asistirán este sábado 29 de novembro ao Foro da Muller e Benestar na peri e menopausa de Pontevedra- Momento Calma, que se vai desenvolver no Teatro Principal.

Momento Calma está organizado pola Concellería de Benestar Social, dirixida por Anabel Gulías, xunto con Punto de Apoyo- Psicoloxía e Javier Varela Marketing. En apenas catro días -o foro é de balde pero é precisa a inscrición- completouse o aforo o que amosa o interese das mulleres por ter información, apoio, rigor profesional e acompañamento nunha etapa vital -tabú ata hai pouco e, aínda hoxe, invisibilizada- e que é “moito máis que irse a regra”.

“É un foro con punto de vista feminista” subliñaba Anabel Gulías durante a presentación do evento, ao tempo que engadía: “durante moito tempo os temas que teñen que ver coa saúde das mulleres estiveron infra-valorados, minusvalorados e, mesmo ás veces, ridiculizados”.

O Foro da Muller e Benestar na peri e menopausa- Momento Calma será unha intensa xornada de mañá e tarde - que incluirá once relatorios técnicos con especialistas e unha mesa redonda de experiencias- que ten como obxectivo: desmontar mitos, informar e despexar dúbidas sobre a peri-menopausa e menopausa

O Foro da muller e o benestar na peri e menopausa colga o cartel de completo con 375 mulleres inscritas