PASEO DE ODRIOZOLA ATÉ O 2 DE AGOSTO
A Feira Chalana achega a Pontevedra a mellor artesanía galega e do Estado
Pontevedra, 14 de xullo de 2026. A Feira de Artesanía Chalana chega esta ano á súa XIX edición como unha das actividades máis recoñecíbeis e clásicas do verán pontevedrés, que permanecerá aberta ata o 2 agosto en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 22:30 horas (todos os días).
Así, o Paseo de Antonio Odriozola, espazo habitual da chalana, acollerá até 15 postos de artesanía de todo tipo: coiro, tecidos, instrumentos musicais, esmaltes, cunchas mariñas, pintura, aloevera, vidro e xoiaría. Desde a organización sinálase que a feira deste ano contará coa presencia de novos vendedores e novidades.; artesáns galegos e tamén chegados dende todo o Estado que exporán pezas nunha cita que se converteu nunha das máis sonadas e de mais éxito da Galiza.
As empresas e colectivos participantes son os seguintes: Astarte, Cueronature, Amorei, Aloeplant, Mario López, En Babia, Montse Betanzos, Ana Cortés, Alumearte, Chueco, Os Alegres, Buchanan, Aupavidro, Llue e Cuero y Alma.