O Espazo de Autocoidado de Soutomaior volve con obradoiros para potenciar a sororidade entre as mulleres do concello

Rosana Martínez Boullosa e Cristina García
Rosana Martínez Boullosa e Cristina García
O Espazo de Autocoidado de Soutomaior volve con obradoiros para potenciar a sororidade entre as mulleres do concello

Soutomaior, 12 de decembro de 2024. A concelleira de Igualdade e de Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, e a directora do CIM de Soutomaior, Cristina García presentaron hoxe unha nova edición do Espazo de Autocoidado. 

O ESPAZO AUTOCOIDADO é un programa de intervención comunitaria , promovido pola Concelleria de Igualdade do Concello de Soutomaior, que ten como obxectivos reforzar a autoestima e o autoconcepto das destinatarias, a creación de rede social e tecido comunitario, apoderamento a través do traballo emocional, artístico e corporal, fomentar o traballo corporal e de consciencia do corpo como xeito de Apoderamento corporal, visibilizar e xestionar os conflitos emocionais a través da arte e o de promover hábitos de Saúde e de autocoidado como ferramenta clave para o benestar.

E tal e como informan dende o CIM os resultados agardados no desenvolvemento do programa son os seguintes: a mellora da autorregulación emocional e redución dos niveis de ansiedade das participantes, o aumento do autocoñecemento e a capacidade reflexiva, na súa autopercepción e autoestima, a mellora na responsabilidade do proceso de Apoderamento,  a toma de decisión e autocoidado, a promoción de hábitos de Saúde e espazos de calma e calidade comunitaria.

Con todo, este Espazo de Autocoidado achegará ao Centro de Benestar Integrado (Multiúsos) de Arcade o obradoiro de Chan Pélvico, de Apoderamento Corporal, de Mindfullnes, meditación e relaxación, de Arteterapia, de Biodanza, e de Diversas, obradoiro afectivo sexual. Obradoiros todos eles que se irán desenvolvendo nos vindeiros meses dende o de Chan Pélvico que rematará a vindeira semana, ata o de Diversas que pechará esta edición a finais do mes de maio. 

Máis información e inscricións en www.gabinetesoutomaior.gal

O Espazo de Autocoidado de Soutomaior volve con obradoiros para potenciar a sororidade entre as mulleres do concello