O Concello de pontevedra recupera a antiga parcela da escola taller de Monte Porreiro para analizar os seus futuros usos
Pontevedra, 12 de decembro de 2024. O Concello de Pontevedra continúa a mellorar o barrio de Monte Porreiro da man da veciñanza. Nesta ocasión, o concelleiro delegado do barrio Alberto Oubiña priorizou a roza e limpeza da antiga parcela da escola-taller que linda coa rúa Reino Unido e o acceso á estación de bombeo a petición da asociación de veciños O Mirador.
Trátase dunha parcela de 3.000 metros cadrados onde nacen todo tipo de sebes e árbores invasoras, principalmente acacia. A actuación contempla limpeza, roza de sebes, tala das especies invasoras, e permitirá mellorar a retención das augas que se canalizan cara o acceso á estación de bombeo de Monte Porreiro e ver en que estado se atopan os estado dos invernadoiros instalados na parcela, e as poderí decidir o seu futuro, segundo adiantou o concelleiro delegado do barrio Alberto Oubiña.