FINAIS DAS SERIES MUNDIAIS DE TRÍATLON

Pontevedra volvera ser a capital mundial do tríatlon do 23 ao 27 de setembro de 2026

Pontevedra volvera ser a capital mundial do tríatlon do 23 ao 27 de setembro de 2026

Pontevedra, 15 de setembro de 2025. World Triathlon ven de anunciar as datas das Finais do Campionato do Mundo de Tríatlon 2026, que se celebrarán en Pontevedra, que comezará o mércores 23 de setembro de 2026 co Desfile das Nacións e a Cerimonia de Apertura, e culminará o domingo 27 de setembro coa coroación dos Campións do Mundo de Elite 

As Finais do Campionato representan o cumio do calendario anual de World Triathlon, coroando campións do mundo en diversas categorías. Este prestixioso evento abrangue os campionatos do mundo de Élite, Sub-23, Xuvenís, Para Tríatlon e Grupos de Idade, tanto en distancia sprint coma estándar, así como Aquabike, ademais dos campionatos do mundo de relevos mixtos para Sub-23/ Xuvenís, Para Tríatlon e Grupos de Idade. 

“Estamos moi orgullosos de volver a Pontevedra para as Finais do Campionato 2026”, afirmou o presidente de World Triathlon, Antonio Arimany. “Pontevedra, cidade natal do cinco veces campión do mundo e lenda do tríatlon Javi Gómez Noya, sempre foi unha cidade que apoia o tríatlon con entusiasmo. Estamos convencidos de que Pontevedra volverá acoller un evento espectacular, coa cidade enteira arroupando aos triatletas e creando unha experiencia inesquecible para todas as persoas implicadas.” 

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Lores, declarou: “Pontevedra ten unha relación excepcional co deporte, especialmente co tríatlon. Faremos todo o que estea nas nosas mans para que esta sexa a mellor Final do Campionato do Mundo de Tríatlon da historia. Pontevedra está preparada, ten capacidade e, unha vez máis, estou convencido, seremos referencia na organización de grandes eventos deportivos.” 

Pontevedra volvera ser a capital mundial do tríatlon do 23 ao 27 de setembro de 2026