MÉRCORES 20 DE MAIO. 19 H. PARANINFO DO VALLE INCLÁN

Cristina Fallarás convidará a rachar co silencio das violencias machistas e reivindicar unha revolución con voz de muller, no próximo Faladoiro Feminista

Anabel Gulías
Anabel Gulías
Cristina Fallarás convidará a rachar co silencio das violencias machistas e reivindicar unha revolución con voz de muller, no próximo Faladoiro Feminista

Pontevedra, 13 de maio de 2026. Non hai nada máis revolucionario que a palabra. Unha revolución con voz de muller: testemuños que molestan, que retratan a vitimarios, que debuxan o mapa da violencia machista, que cuestionan o patriarcado e que abren paso cara a unha sociedade feminista, igualitaria, diversa e xusta. 

E se hai unha voz que molesta é a da xornalista, escritora e activista Cristina Fallarás quen nos convida, coa proposta Rachando o silencio das violencias, a reflexionar e debater sobre a capacidade das mulleres de dicir basta! e o poder que teñen ao construír unha historia colectiva, empoderada e alternativa á hetero-patriarcal dominante. 

A cita é o mércores 20 de maio, ás 19.00 horas, no Paraninfo do IES Valle Inclán (avda. Montero Ríos s/n) e desenvólvese no marco dos Faladoiros Feministas, o ciclo que promove a Concellería de Igualdade, dirixida por Anabel Gulías ao abeiro do programa Primavera Feminista. Ten entrada libre ata completar cabida. 

Cristina Fallarás convidará a rachar co silencio das violencias machistas e reivindicar unha revolución con voz de muller, no próximo Faladoiro Feminista