Concello de Soutomaior e Xunta acordan a transferencia do treio urbano de Arcade
Soutomaior, 10 de outubro de 2025. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, mantivo unha reunión coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestructuras, María Martínez Allegue, coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz e co director territorial na provincia de Pontevedra, José Manuel Gómez González. Unha reunión onde se acordou a transferencia do treito urbano de Arcade, un feito que levará aparellado actuacións de transformación urbana e mellora da calidade de vida da veciñanza.
Manu Lourenzo, indicou a boa sintonía na que transcorreu a reunión e tamén a boa disposición e entendemento a traballar entre as administracións. Neste sentido o alcalde agradeceu a franqueza e traballo realizado e instáronse, Concello e Xunta, a continuar traballando nesta transferencia coa máxima celeridade.
O alcalde ten claro que con esta transferencia “o núcleo urbano de Arcade converterase nun espazo amable que axudará á convivencia das veciñanza e comercio e hostalería na zona, esta transferencia e humanización está máis preto ca nunca grazas a que todas as administracións estamos a traballar en beneficio da veciñanza. Dende o Goberno de Soutomaior levamos moito tempo traballando para que chegase este momento e estamos seguros de que esta transformación vai a mellorar a calidade de vida das noas veciñas e veciños”.
Manu Lourenzo agradeceu a boa acollida desta reunión, "agradezo a boa disposición ao traballo á Consellería e a partir de agora toca seguir o camiño para que esta transferencia sexa unha realidade o antes posible”.