O Concello de Pontevedra tentará recuperar a central eléctrica de Mollavao para uso público

Antigo transformador de Fenosa en Mollavao
Antigo transformador de Fenosa en Mollavao
O Concello de Pontevedra tentará recuperar a central eléctrica de Mollavao para uso público

Pontevedra, 13 de xaneiro de 2026. O edil César Mosquera informou da posibilidade de tentar adquirir a antiga ruína industrial de Fenosa situada en Mollavao (na esquina entre Licenciado Molina e a Avenida de Marín).

O edificio en cuestión preséntase como unha estrutura de arquitectura industrial que data aproximadamente do ano 1927 e conta cunha superficie duns 200 m2. Segundo seinalou Mosquera, Fenosa vén de poñer á venda este espazo. Cómpre lembrar que no ano 2017, Gas Natural Fenosa chegara a expor a súa derriba debida á deterioración da construción, o que abrira naquel intre un intenso debate sobre o seu valor histórico, arquitectónico e tamén sentimental para a veciñanza de Mollavao.

A intención do Concello de Pontevedra sería rehabilitar este espazo (ben desde cero, ben aproveitando o edificio orixinal) e darlle unha segunda vida como infraestrutura de uso social. “Temos a posibilidade de chegar a un acordo", indicou o edil, ao tempo que lembrou que os técnicos municipais, no caso de que todo cristalice, deberían avaliar se o edificio é aproveitábel ou non.

O Concello de Pontevedra tentará recuperar a central eléctrica de Mollavao para uso público