O Concello de Pontevedra e a Sociedad Deportiva Teucro celebran o 80 aniversario do club cun ambicioso programa de actividades
Pontevedra, 25 de abril de 2025. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, participou ena presentación do programa especial que celebrará o 80 aniversario da SD Teucro. As celebracións estenderanse durante tres meses a partir do 2 de maio, data na que terá lugar unha cea oficial.
“O Concello de Pontevedra colabora ano a ano co Teucro e colaborará tamén na celebración destas oito décadas de historia”, declarou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
Presidente e directivos da Sociedad Deportiva Teucro detallaron o programa de actos deseñado para conmemorar esta importante efeméride, lembrando que “dende hai tempo vimos traballando nunha programación de actos con motivo deste 80 aniversario, un aniversario que queremos que sexa ser un punto de inflexión do Teucro e así comezar unha nova vida”.
Os actos comezarán o 2 de maio cunha cea no Liceo Casino á que asistirán distintas xeracións de xogadores e persoas vinculadas ao club, incluíndo representantes de clubs portugueses. Durante a cea, realizarase unha proxección de momentos históricos da cidade e do Teucro, e os asistentes recibirán unha camiseta exclusiva do 80 aniversario.
O programa de actividades continuará cunha charla-coloquio organizada polo club, que contará coa participación do xornalista Xabier Fortes e abordará a evolución do Teucro ao longo da historia de Pontevedra, vinculando a historia da cidade e do club.
En agosto, o día 14 de maio, terá lugar un evento deportivo destacado coa disputa dun encontro entre o Granollers e o Benfica, clubs decanos do balonmán no estado español e portugués respectivamente.
Ese mesmo día, celebrarase tamén un partido entre a selección galega de balonmán e o Teucro. Ademais, pola mañá, celebrarase un clinic de adestradores no que está traballando Espillo e para o que se confirmou a presenza de Zupo e posiblemente de Manolo Cadenas. «Máis que un clinic, será unha charla técnica», aclaran desde o Teucro.
Ademais, durante o mes de xuño, desenvolverase unha exposición itinerante pola cidade que recollerá a historia do club a través de imaxes da cidade e do Teucro. O club tamén ten o compromiso de realizar un monográfico sobre a implicación da muller no balonmán na cidade e está proxectando vídeos sobre a historia do club que se están publicando nas redes sociais.
“Estamos nunha fase de crecemento, de dar nova vida a ao Teucro”, manifestaron desde a directiva, lembrando que o club foi o primeiro de Pontevedra en xogar na liga europea no ano 1994-95.