O Concello de Pontevedra recibe o campo de fútbol de Salcedo

Visita campo de futbol de Salcedo
Visita campo de futbol de Salcedo
O Concello de Pontevedra recibe o campo de fútbol de Salcedo

Pontevedra, 9 de maio de 2025. O Concello de Pontevedra recibiu administrativamente esta mañá o campo de fútbol de Sal cedo nun acto no que estivo a concelleira de Deportes Anabel Gulías, acompañada dos concelleiros Alberto Oubiña e Xaquín Moreda.

Anabel Gulías recoñeceu que este "é un paso moi importante na construción e en facer realidade este campo de fútbol", xa que "non é ningún segredo que foi unha obra con moitas complicacións técnicas. De feito eu asumín esta obra antes de ser concelleira de Deportes".

Asegurou que se cumpriron os límites temporais marcados coa comunidade de montes como co equipo de fútbol "e seguímonos marcando o límite de ter o campo listo para a nova tempada, sempre coas cautelas debidas, porque eu non me atrevo a facer ningunha especulación nas obras e menos nesta, pero estamos no camiño".

Anabel Gulías explicou que "en quince días poderá comezar o proxecto de urbanización -cun prazo de execución de 3 meses- e nos accesos ao campo, e xa estamos traballando no aparcadoiro coa cesión do espazo da comunidade de montes e no adecentamento do camiño"

A concelleira agradeceu o esforzo do persoal técnico do Concello, da empresa e,especialmente, á xefa de obra. Tamén agradeceu á Deputación pola lealdade institucional e "por seguir mantendo un convenio que xa se iniciara na anterior etapa de goberno da Deputación e respectaron a vontade do Concello de elixir como executar os fondos que lle corresponden a Pontevedra".

O Concello de Pontevedra recibe o campo de fútbol de Salcedo