O Concello de Pontevedra presenta unha nova edición de Rizando Rizo, o evento que dinamiza o sector da imaxe persoal

Rizando o Rizo
Rizando o Rizo
O Concello de Pontevedra presenta unha nova edición de Rizando Rizo, o evento que dinamiza o sector da imaxe persoal

Pontevedra, 25 de setembro de 2025. O Concello de Pontevedra, a través da Área de Promoción Económica, presentou unha nova iniciativa a pé de rúa: Rizando Rizo, o evento que dinamiza o sector da perruquería, barbería, estética e outros servizos relacionados coa imaxe persoal. 

A iniciativa será do 1 ao 18 de outubro e desenvolverase en dous formatos complementarios: presencial e dixital. O evento principal celebrarase o día 18 de outubro nas Galerías da Oliva, en horario de 16.30 a 21.00 horas, e estarán presentes 15 stands de empresas do sector que amosarán os servizos que ofrecen. Tamén este será un espazo de sinerxías entre novos emprendedores que intercambiarán a súa traxectoria e máis as súas experiencias, todo acompañado con animación musical. 

Por outra banda, o formato dixital estenderase do 1 ao 17 de outubro a través da conta oficial de Instagram @rizandopontevedrate, onde se publicará contido especial e se sortearán vales de 60 euros para consumir en establecementos locais do sector. 

A responsable da Área de Promoción Económica, Anabel Gulías, indicou que “Rizando Rizo nace como un espazo de encontro para profesionais, emprendedores e cidadanía”. As empresas interesadas en participar no formato presencial poderán enviar a súa solicitude ata o 9 de outubro ás 15.00 horas ao correo info@creargalicia.com. 

O proceso de selección terá en conta criterios como a innovación, a variedade de servizos ou a implicación coa igualdade e a sostebilidade. Toda a información sobre as bases de participación, tanto para empresas como para o público en xeral, atópase xa dispoñible na páxina web do Concello de Pontevedra.

O Concello de Pontevedra presenta unha nova edición de Rizando Rizo, o evento que dinamiza o sector da imaxe persoal