SÁBADO 20 ÁS 19 H. PRAZA DE ABASTOS

O Concello de Pontevedra presenta “Lonxa de versos. Poesía na Praza”, un encontro que une a Portugal e Galiza a través da palabra poética

Lonxa de versos
Lonxa de versos
O Concello de Pontevedra presenta “Lonxa de versos. Poesía na Praza”, un encontro que une a Portugal e Galiza a través da palabra poética

Pontevedra, 18 de setembro de 2025. O Concello de Pontevedra, a través da área de Promoción Económica, presentou o encontro “Lonxa de versos. Poesía na Praza”, unha iniciativa que pon en diálogo a creadores e creadoras de Galiza e Portugal e que volve facer de Pontevedra un lugar de irmandade mediante a palabra poética. 

A concelleira Anabel Gulías salientou que este proxecto mira “máis aló do ámbito literario”, xa que se encadra dentro da estratexia de proxección cara ao exterior que Pontevedra leva tempo amosando coas súas propostas, así como unha “firme aposta polas industrias culturais e creativas” na cidade. 

Lonxa de Versos
Lonxa de Versos

O programa, que se desenvolverá este sábado 20 de setembro ás 19.00 na Praza de Abastos, reúne a catro poetas da Galiza e máis catro portugueses e portuguesas, con Antón Sobral á fronte da delegación do país, composta por Armando González López, Carmen Quinteiro, Xaime Toxo e Charo Valcárcel, e Elisabeth Oliveira encabezando o grupo luso formado por João Pedro Azul, Aurelino Costa e Olga Santos. En total, oito poetas naturais de Pontevedra, A Estrada, Porto, Vila do Conde ou Roubaix que se reúnen en Pontevedra para ofrecer un recital galaico-portugués aberto a todos os públicos. 

O Concello de Pontevedra presenta “Lonxa de versos. Poesía na Praza”, un encontro que une a Portugal e Galiza a través da palabra poética