O Concello de Pontevedra confirma unha achega económica de 240.000 euros ao mestrado de moda até 2029

Miguel Anxo Fernández Lores no despacho da alcaldía
Miguel Anxo Fernández Lores no despacho da alcaldía
O Concello de Pontevedra confirma unha achega económica de 240.000 euros ao mestrado de moda até 2029

Pontevedra, 2 de xullo de 2026. A Xunta de Goberno local do Concello de Pontevedra aprobou esta mañá o convenio de colaboración coa Universidade de Vigo para apoiar as actividades do Mestrado Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda (Esdemga) durante as vindeiras catro anualidades. O acordo supón unha inxección total de 240.000 euros repartidos equitativamente ata o ano 2029. A achega municipal para o mestrado téxtil ascenderá a 60.000 euros anuais.

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, defendeu a transcendencia de manter estas liñas de traballo conxunto para facer medrar a cidade dende o ámbito educativo e o social. "Ter un campus especializado, creativo, potente e activo é fundamental para unha cidade dinámica como Pontevedra".

Centro público de atencion ao Alzhéimer

Paralelamente, o Concello aprobou a cesión do inmoble municipal de Pedro Sarmiento de Gamboa, número 5, á Xunta de Galiza para que siga destinado en exclusiva á atención terapéutica diúrna de persoas con demencias neurodexenerativas.

O alcalde destacou a importancia de dar estabilidade ao centro de Alzhéimer coa cesión por cincuenta anos para "non andar con complicacións burocráticas e dar seguridade absoluta ás familias e ás persoas usuarias".

O Concello de Pontevedra confirma unha achega económica de 240.000 euros ao mestrado de moda até 2029