O Concello de Pontevedra aproba as subvencións ás ANPAs que desenvolvan actividades durante o curso 2025-2026

Demetrio Gómez
Demetrio Gómez
O Concello de Pontevedra aproba as subvencións ás ANPAs que desenvolvan actividades durante o curso 2025-2026

Pontevedra, 26 de febreiro de 2026. O Concello vén de aprobar en Xunta de Goberno Local as subvencións para as actividades de interese formativo (deportivas, ocupación do tempo de lecer e promoción da cultura) que desenvolvan as ANPAs dos centros mantidos con fondos públicos de Educación Infantil e ensino obrigatorio (Primaria e ESO) durante o presente curso 2025-2026, e ás que se destinarán un total de 24.670 euros para estas axudas.

O prazo de presentación, por parte das ANPAs, será dun mes a partir das publicacións das bases no Boletín Oficial da Provincia.

As actividades puntúanse cun baremo que procura favorecer a implicación da maior parte do alumnado nas actividades, a colaboración con outras entidades, o uso do galego e as actividades non sexistas; ademais da innovación das propostas, o uso das TICs, a integración do alumnado inmigrante ou a prevención da violencia machista

O Concello de Pontevedra aproba as subvencións ás ANPAs que desenvolvan actividades durante o curso 2025-2026