Lucía Silva, nova concelleira do BNG en Moraña
A responsábel local do BNG, Lucía Silva, ven de tomar posesión da súa acta de concelleira, incorporándose ao Grupo Municipalxunto a Marcos Suárez (actual portavoz) e Mariña Búa.
Lucía Silva ten 28 anos e é veciña da parroquia de Amil. Está vinculada de xeito activo aos diferentes colectivos e movementos sociais de Moraña, destacando a súa militancia feminista e activismo veciñal.
Desde novembro de 2023 asumiu a importante tarefa de ser a Responsábel Local do BNG de Moraña. Co traballo de Lucía o BNG foi quén de ampliar militancia, e a ter deste xeito unha base sólida na organización para afrontar os retos presentes e de futuro.
Para o BNG e para Lucía é prioritario traballar nun proxecto político de futuro, para lograr que Moraña poida ser referente económico e social, e onde veciños e veciñas poidan traballar e vivir dignamente.